voto

A indignación cidadá chega ás urnas e recorta drasticamente o poder institucional do PP

Cerna contribuirá por medio dos seus militantes á formación de gobernos alternativos

Reunida a Comisión de Coordinación da organización nacionalista Cerna acorda facer públicas as seguintes consideracións tras o resultado das eleccións municipais do 24 de maio:

A indignación cidadá traslada á urnas e ás novas corporacións municipais de Galiza un importante retroceso do poder institucional do PP, non só nas cidades ou nas deputacións, senón tamén en moitas vilas e no rural que deixarán de ter alcalde da dereita para dar paso a gobernos de esquerda e nacionalistas.
Facemos un chamado a todas as persoas electas nesas candidaturas a favorecer sen partidismos a formación de gobernos alternativos como fará Cerna por medio dos seus militantes electos.
Constatamos que este éxito é máis rotundo canto máis abertas e plurais son as candidaturas da converxencia cidadán. Estes resultados indican tamén que o camiño para arrombar esa minoría reaccionaria que goberna en contra da maioría social está aberto e precisa ser completado con todos e todas os que estamos por devolver as institucións á cidadanía e abrir un proceso de creba democrática no plano estatal no que Galiza xogue nun plano de igualdade coas outras nacións do Estado.
Galiza 27 de maio de 2015
Comisión de Coordinación de CERNA

Un comentario en “A indignación cidadá chega ás urnas e recorta drasticamente o poder institucional do PP”

  1. O resultado das eleccións foi magnífico. A partir de agora toca agudizar a intelixencia “emocional” e por suposto ter amplitude de miras. No camiño haberá que sortear moitos obstáculos externos ás candidaturas e incluso algún interno. Como se xestionen estes resultados vai condicionar que se poidan artellar candidaturas de unidade popular para as eleccións xerais e autonómicas.
    Quero ser optimista, pero non me gustaron nada as declaracións de determinados liderados arrogándose o éxito destas candidaturas. Mal empezamos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *