Basta de complicidades coa violencia de xénero!

10639640_10204561051900013_5303032146279745873_n

Perante o 25 de Novembro, “Día Internacional contra a Violencia de xénero”, outro ano máis, observamos, como a pesar do aumento de casos de violencia e o retroceso nas denuncias dos mesmos, a resposta dos gobernos do Estado Español e do Goberno da Xunta de Galiza seguen a ser os recortes e o descenso do financiamento para loitar contra esta lacra.

Así, para os gobernantes do Partido Popular, a resposta contra a violencia de xénero tradúcese nun 28% menos de inversións en medidas contra a violencia de xénero con respecto ao ano 2011, un presuposto de sensibilización recortado en case un 70% e nun presuposto da Xunta que pasa en 5 anos de 60 millóns a 12,3 millóns de euros.

Continúe lendo Basta de complicidades coa violencia de xénero!

Consuelo Martínez pide a devolución dos Orzamentos e ao Presidente que dimita e convoque eleccións

“Convoquen eleccións xa, señores do PP!  Sr. Nuñez Feijóo, disolva esta cámara, convoque eleccións e váiase. Por moito menos, o ministro do interior portugués dimitiu hai dez días. “Voume para defender a autoridade do Estado e a credibilidade das institucións” dixo. E vostede Sr. Núñez?

Continúe lendo Consuelo Martínez pide a devolución dos Orzamentos e ao Presidente que dimita e convoque eleccións

Consuelo Martínez deixa o grupo parlamentar de AGE

foto Chelo

* Transcrición da comparecencia pública de Consuelo Martínez García [4-11-2014].

Esta mañá procedín a comunicar no Parlamento a miña baixa do grupo AGE e o meu paso ao grupo mixto.
Hai quince días estaba convencida de que era posible continuar dentro do grupo AGE: así o transmitín e esa era a miña vontade. A día de hoxe teño que confirmar que non foi posible porque AGE leva bastante tempo traballando, non coma un grupo, senon como un grupo de grupos onde o gran peso e a definición do grupo recae fundamentalmente en EU.
Eu xa discrepei cando foron as eleccións europeas deste peso que está adquirindo IU na coalición AGE. Eu consideraba que a aparición de Cerna, logo da súa saída de Anova, posibilitaba esa pluralidade dentro do grupo e que o grupo fora capaz de volver actuar como grupo, en base aos acordos estabelecidos como tal na coalición, pero non foi posíbel, e a coalición AGE está funcionando como unha coalición tradicional, cos mesmos fallos. Creo que o noso compromiso e a idea que eu tiña persoalmente era que AGE foi o resultado dun intento de fronte ampla, unha idea de unidade que se tiña que ir ampliando. Cremos que o funcionamento actual de AGE non representa esa filosofía actual de cambio nas organizacións políticas e, polo tanto, decidín dar o meu traslado da baixa no grupo parlamentar de AGE e o meu paso ao grupo mixto, aínda que eu espero, e estou segura, de que seguiremos coincidindo en moitas das iniciativas en defensa dos intereses da cidadanía.

Eu teño un grupo detrás, que nos constituímos en Cerna e que estamos dispostos a traballar en equipo, para seguir defendendo o noso compromiso coas clases populares galegas. Marcho con moita xente que formou parte da creación de Anova.

Continúe lendo Consuelo Martínez deixa o grupo parlamentar de AGE

Resultados do referendo de Cerna

Reunida a Comisión Nacional de Coordinación de Cerna, sendo as 18:30, procedeu á apertura da urna virtual na que se realizou o referendo esta semana pasada, dando como resultado, cunha participación do 73% sobre 276 persoas, ás seguintes preguntas, o seguinte:

1. Está de acordo en que Cerna abandone Anova?

SI – 75% – NON – 23% En branco – 2%

2. Está de acordo en que Cerna dea os pasos para constituírse en partido político?

SI – 63% NON – 29% En branco – 8%

Cerna convoca un referendo telemático

Cerna, reunida hoxe, 18 de outubro, en Santiago de Compostela, na práctica da radicalidade democrática, acordou someter a votación mediante referendo telemático entre toda a súa militancia a cuestión da súa continuidade en Anova e a constitución de Cerna en partido político.

As preguntas que se trasladarán á militancia serán:

– Está de acordo en que Cerna abandone Anova?

– Está de acordo en que Cerna dé os pasos para constituírse en partido político?

O referendo realizarase entre o xoves, 23 de outubro, e o domingo, 26 de outubro, e será organizado pola Comisión de Coordinación de Cerna.

Lamentamos a indefinición de Anova a respecto da participación en exclusiva en candidaturas de unidade cidadá para as próximas municipais

Cerna lamenta a indefinición de Anova a respecto da participación en exclusiva en candidaturas de unidade cidadá para as próximas municipais.

Anova elixe unha dirección monocolor da que fica excluída a metade da organización.

Continúe lendo Lamentamos a indefinición de Anova a respecto da participación en exclusiva en candidaturas de unidade cidadá para as próximas municipais