Cerna apoia a mobilización da Asociación Long Hope que se celebrará xoves 23 de xaneiro en Madrid
Long Hope agrupa uns 12.000 mariñeiros que traballaron en Noruega entre 1952 e 1994, dos cales o 80% son galegos, aos que se lles negan as súas pensións de xubilación
22/xaneiro/2015
Cerna apoia as reivindicacións destes traballadores, polo cal Consuelo Martínez instou á Xunta e ao Parlamento de Galiza a facerse cargo da súa defensa, para todos os efectos, ante os Tribunais de Noruega.
Estes traballadores prestaron servizo nos buques de Noruega nos anos anteriores a 1994, antes da sinatura do convenio de colaboración coa CEE, e non son considerados traballadores emigrantes por aquel país, xa que se consideraba que non residían nel ao non estar traballando fisicamente en terra firme e, en consecuencia, non se lles recoñece o dereito a prestación de ningún tipo derivada dos devanditos períodos de cotización.
Consuelo Martínez lembrou que estes traballadores teñen unha media de 80 anos de idade e continúan pelexando polos seus dereitos.
Cerna solidarízase cos traballadores organizados en Long Hope e coas súas familias e apoia a súa mobilización.
CERNA