Cerna convoca un referendo telemático

Cerna, reunida hoxe, 18 de outubro, en Santiago de Compostela, na práctica da radicalidade democrática, acordou someter a votación mediante referendo telemático entre toda a súa militancia a cuestión da súa continuidade en Anova e a constitución de Cerna en partido político.

As preguntas que se trasladarán á militancia serán:

– Está de acordo en que Cerna abandone Anova?

– Está de acordo en que Cerna dé os pasos para constituírse en partido político?

O referendo realizarase entre o xoves, 23 de outubro, e o domingo, 26 de outubro, e será organizado pola Comisión de Coordinación de Cerna.

3 comentarios en “Cerna convoca un referendo telemático”

  1. Opino que non vos vaiades por agora, tomemos a cousa con apouso. Reflexionemos sobor da penosa democracia interna que sofrimos en AIN; busquemos SOLUCIÓNS a mesma. Con tempo e apouso hai forza suficiente para convocar unha asamblea extraordinaria e monotemática sobor desto. A TODOS nos conven participar en algo que de palabra persegimos: DEMOCRACIA PARA A COVIVENCIA COMÚN E RESPETO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *