unidade

CERNA PIDE O VOTO PARA AS CANDIDATURAS DE AUTÉNTICA UNIDADE CIDADÁ

CERNA pide o voto para as auténticas candidaturas de unidade cidadán en especial aquelas que incluan no seu programa os dereitos colectivos da cidadanía galega

Ante as vindeiras eleccións municipais do domingo 24 a organización nacionalista CERNA chama á cidadanía a participar e a votar:

A aquelas candidaturas cidadáns que sexan autenticamente tales e non meras coalicións de partidos e colectivos encubertas, que representen o encontro de persoas -sen exclusión de ningún tipo- decididas a enfrontar a defensa dos dereitos da maioría agredida polas políticas do PP a partir do protagonismo directo da cidadanía e que teñan clara a importancia decisiva dos concellos como espazos de participación, transformación e emancipación.

Especialmente instamos a apoiar aquelas iniciativas que inclúen ademais nos seus obxectivos o dereito democrático radical á autodeterminación do Pobo Galego e consecuentemente á liberación nacional de Galiza.

Galiza 21 de maio de 2015

COMUNICACIÓN DE CERNA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *