Cerna proponlle a Anova recuperar o consenso constituínte interno e a renuncia expresa a candidaturas partidarias para as próximas municipais

Para recuperar a funcionalidade de Anova como instrumento ao servizo da maioría social de Galiza Cerna propón o mantemento dos Principios e dos Estatutos fundacionais aprobados por consenso na Asemblea Constituínte e anovados na Iª Asemblea Nacional de 2013

Para amosar a total determinación de Anova a prol da candidaturas cidadás Cerna propón que Anova expresamente renuncie a presentar candidaturas propias partidarias ou de coalición de partidos para as próximas municipais

Esta mañá, en Santiago de Compostela, Paula Vázquez Verao e Pablo Escobero, membros da Comisión de Coordinación de Cerna, corrente interna de Anova, compareceron perante os medios de comunicación en rolda de prensa para presentar as emendas á totalidade que esta corrente ven de presentar para o seu tratamento nas vindeira Asemblea Nacional dos días 11 e 12 de outubro.

Na tese política destacaron proposta de que Anova siga a impulsar e apoiar AGE no Parlamento Galego para que esta coalición cumpra co compromiso perante a cidadanía galega que lle prestou o seu apoio nas pasadas autonómicas.

A respecto da Candidaturas de Unidade Cidadán, que Cerna formulou no mes de maio e que logo foi asumida por toda Anova na súa Coordinadora Nacional de xullo, a emenda propón que Anova faga pública a renuncia expresa a presentar candidaturas partidarias en solitario ou en coalición para amosar patentemente a súa aposta por aquela ao tempo que reclama das demais forzas políticas que fagan o mesmo.

Polo demais, proponse manter os textos políticos fundacionais nos que Anova lucidamente xa prevía moitas das agresións que está a sufrir a maioría social e o método para enfrontalas plasmado nas frontes amplas. Hoxe en día, constatada a crúa realidade do previsto, cómpre profundar na estratexia das frontes pero partindo da experiencia de Anova nas Autonómicas ou do acontecido na Europeas nas que candidaturas como Podemos puxeron en xaque ao bipartidismo e amosaron que a fórmula de unidade cidadá é a acertada.

A respecto da tese organizativa, Cerna propugna o mantemento dos Principios Organizativos e dos Estatutos porque responden a un consenso constituínte que se debe recuperar para que Anova sexa ese instrumento que pretende para actuar a prol dos intereses da maioría social agredida, e que o seu único fallo foi o incumprimento dos mesmos ou a falla de posta en práctica o neles referido. Faise fincapé na necesidade de camiñar cara unha única militancia interna dentro de Anova e non por siglas, lobbies ou camarillas.

Así pois, trátase de manter os estatutos actuais fronte á tendencia da actual Permanente de recentralizar Anova en detrimento das asembleas de base expresada na tese oficial.

Emenda tese política AGAL Cerna

Emenda tese política RAG Cerna

Emenda tese organizativa AGAL Cerna

Emenda tese organizativa RAG Cerna

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *