A Deputada Consuelo Martínez na súa primeitra pregunta en Pleno ao Presidente da Xunta fíxolle ver que os recortes e a crise provocaron un aumento dos suicidios en Galiza, sumida nunha grave crise social na que 160.000 galegos e galegas emigraron dende que comezou a crise en 2008 e cunha taxa real de paro do 35% se contamos ás persoas con salario insuficiente para sosterse.
Chelo Martínez acusa a Feijóo de demagoxia por querer facer un tema tabú do aumento dos suicidios en Galiza ao tempo que o acusa de non coñecer os datos oficias de suicidios en Galiza.
Tamén Chelo Martínez na súa intervención solidarizouse co BNG e lamenta que o PP lle negue a este grupo o seu dereito a formular a pregunta ao Presidente.
Galiza, 25 de marzo de 2015
Consuelo Martínez
DEPUTADA DO PARLAMENTO GALEGO
e da Portavocía de CERNA