Chelo Martínez considera os recortes ao seu traballo parlamentario inaceptábeis e inapropiados dunha cámara democrática

A seguir reproducimos a contestación de Chelo Martínez á proposta da señora Pilar Rojo para regular o traballo do Grupo Mixto no Parlamento Galego e que considero inaceptábel e inapropiada por parte da Presidenta dunha cámara democrática.

“Sra. Presidenta:
Recibín a proposta que me enviou o Letrado Maior por indicación de vostede.
No que se refire á programación do traballo parlamentario, o realmente importante para min, a limitación discriminatoria para o G.P.M. é totalmente inadmisíbel.
Basta para ilustrar a o carácter discriminatorio da proposta a limitación a unha iniciativa por sesión para o G.P.M.
Xa dixen e repito que reclamo que a incorporación dunha nova deputada ao G.P. Mixto remata coa excepcionalidade de grupo parlamentar unipersoal e que nesta nova situación débese partir da igualdade dos G.P. aplicada pola Mesa do Parlamento nos precedentes de G. Mixto pluripersoais.
Tamén dixen e repito que porén o GPM está disposto a renunciar a exercer parte dos seus dereitos e por iso aceptaría renunciar á metade das PNL, á metade das preguntas ao Goberno e á metade das preguntas ao Sr. Presidente da Xunta.
Pero non é aceptábel a clasificación de facto entre grupos parlamentares “pata negra” e o G.P. Mixto.

Fronte a isto propónseme:
GRUPO MIXTO
– 1 pregunta ao Sr. Presidente por
período de sesións.
– 4 preguntas ao Goberno por período de
sesións.
– 2 PNL por período de sesións.

GRUPOS “PATA NEGRA”
– 10 pregunta ao Sr. Presidente por período de sesións.
– 20 preguntas ao Goberno por período de sesións.
– 20 PNL por período de sesións.
Reitérolle a miña proposta, no senso de que o GPM está disposto a renunciar a exercer parte dos seus dereitos e por iso aceptaría renunciar á metade das PNL, á metade das preguntas ao Goberno e á metade das preguntas ao Sr. Presidente da Xunta.
Respecto das Subvencións aos grupos parlamentarios, a cuestión económica, non vou admitir chantaxes con esta cuestión porque non me importa. Por máis cartos que se destinen ao G.Mixto non vou permitir que se me amordace.
Se ese é o problema para o resto dos GP, pode repartir todo entre os catro grupos “pata negra”.
Galiza a 19 de novembro de 2014
Consuelo Martínez García
Deputada do G.P.Mixto”

(*) REMITIMOS ESTE COMUNICADO A PETICIÓN DA  DEPUTADA DO GRUPO MIXTO MARIA CONSUELO MARTINEZ

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *