PP e PSOE néganse á transparencia retributiva no Parlamento

Os partidos do réxime néganse a transparentar as retribucións de deputadas e deputados no Parlamento Galego

Consuelo Martínez insistirá na proposta por outros medios até conseguir que o réxime fiscal de deputadas e deputados sexa o da xente do común  e as súas nóminas publicadas na web do Parlamento.

A proposta de Consuelo Martínez de que todas e todos os deputados tributen a facenda polo 100% dos ingresos agás os gastos xustificados e as dietas; a proposta de reducir as escandalosas retribucións en concepto de indemnizacións por gastos para o cumprimento da súa función, gastos de representación e gastos de libre disposición, que chegan nalgún caso aos 4.136,54 €/mes; vencellar a axuda de custe ao réxime de adicación, e a proposta de reducir o custe das retribucións aos membros do Parlamento Galego, ao menos, nun 18%, foi apoiado por AGE e BNG pero contou coa oposición frontal do PP e a abstención do PSOE.

Como dicía a proposta, cun simple acordo da Mesa do Parlamento é posíbel estabelecer un réxime retributivo máis xusto, transparentar o uso dos fondos públicos e mesmo reducir custos suprimindo ou modificando contías que a xuízo desta deputada son indebidas ou desproporcionadas.

A propsta de resolución rexeitada por PP e PSOE propuña:

1. Vencellar a retribución ao desempeño efectivo do traballo.
2. Modificar o réxime fiscal de xeito que a tributación abranga á totalidade das retribucións agás as dietas ou gastos xustificados.
3. Modificar a contía das indemnizacións por gastos para o cumprimento da súa función, gastos de representación e gastos de libre disposición, que chegan nalgún caso aos 4.136,54 €/mes.
4. Que contía da redución do custe das retribucións aos membros do Parlamento Galego deberá ser ao menos do 18%.
5. Vencellar a axuda de custe ao réxime de adicación.

Galiza a 2 de decembro de 2014
Consuelo Martínez García deputada do Grupo Mixto

Un comentario en “PP e PSOE néganse á transparencia retributiva no Parlamento”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *