Cerna apoia a mobilización das Marchas da Dignidade o 29 de novembro en Compostela

Cerna apoia a mobilización das Marchas da Dignidade convocada para o sábado, 29 de novembro, na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

A seis anos da crise financeira global, asistimos á evidencia de que esta non foi máis cá unha estafa na que os grandes poderes engrosaron a súa conta de beneficios mentras á maioría social nos despoxan dos máis básicos dereitos: o pan, o traballo, o teito. Continúe lendo Cerna apoia a mobilización das Marchas da Dignidade o 29 de novembro en Compostela

Cerna convoca un referendo telemático

Cerna, reunida hoxe, 18 de outubro, en Santiago de Compostela, na práctica da radicalidade democrática, acordou someter a votación mediante referendo telemático entre toda a súa militancia a cuestión da súa continuidade en Anova e a constitución de Cerna en partido político.

As preguntas que se trasladarán á militancia serán:

– Está de acordo en que Cerna abandone Anova?

– Está de acordo en que Cerna dé os pasos para constituírse en partido político?

O referendo realizarase entre o xoves, 23 de outubro, e o domingo, 26 de outubro, e será organizado pola Comisión de Coordinación de Cerna.

Lamentamos a indefinición de Anova a respecto da participación en exclusiva en candidaturas de unidade cidadá para as próximas municipais

Cerna lamenta a indefinición de Anova a respecto da participación en exclusiva en candidaturas de unidade cidadá para as próximas municipais.

Anova elixe unha dirección monocolor da que fica excluída a metade da organización.

Continúe lendo Lamentamos a indefinición de Anova a respecto da participación en exclusiva en candidaturas de unidade cidadá para as próximas municipais

Cerna proponlle a Anova recuperar o consenso constituínte interno e a renuncia expresa a candidaturas partidarias para as próximas municipais

Para recuperar a funcionalidade de Anova como instrumento ao servizo da maioría social de Galiza Cerna propón o mantemento dos Principios e dos Estatutos fundacionais aprobados por consenso na Asemblea Constituínte e anovados na Iª Asemblea Nacional de 2013

Para amosar a total determinación de Anova a prol da candidaturas cidadás Cerna propón que Anova expresamente renuncie a presentar candidaturas propias partidarias ou de coalición de partidos para as próximas municipais Continúe lendo Cerna proponlle a Anova recuperar o consenso constituínte interno e a renuncia expresa a candidaturas partidarias para as próximas municipais