Chelo Martínez a Feijóo “Ten algo que dicir ante a alta taxa de suicidios en Galicia, moitos provocados polas políticas do seu goberno?”

Continúe lendo Chelo Martínez a Feijóo “Ten algo que dicir ante a alta taxa de suicidios en Galicia, moitos provocados polas políticas do seu goberno?”

Consuelo Martínez insta á Xunta a que blinde o emprego e os dereitos laborais no concerto de Povisa

A DEPUTADA CONSUELO MARTINEZ PRESENTOU PROPOSICIÓN NO PARLAMENTO PARA INSTAR Á XUNTA A ESIXIR A POVISA VARIAS CUESTIÓNS NO EIDO LABORAL

A Deputada viguesa pide ao Parlamento de Galicia que insta á Xunta de Galicia a esixir a POVISA, en base ao cumprimento do Concerto que mantén co SERGAS e dos compromisos adquiridos coa sinatura do Acordo Básico pola Saúde na Área Sanitaria de Vigo, a paralización inmediata das medidas recollidas na “Memoria Explicativa” entregada ao Comité de Empresa e na que se recolle “Extinción colectiva de contratos de traballo por causas económicas”, a “Reestruturación da dotación e quendas de celadores e auxiliares de enfermería por causas organizativas: extinción de 12 contratos por modificación de quendas”, a “Extinción de tres contratos de traballo no servizo de Arquivo Clínico” e a “Extinción de sete contratos de traballo na área de Recepción do Hospital”.

Tamén pide anular a Estipulación Vixésimo Primeira do Concerto Sanitario entre POVISA é o SERGAS na que consta que POVISA queda obrigado ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes en materia de lexislación fiscal, seguridade social, laboral e de seguridade e hixiene no traballo, referidas ao propio persoal ao seu cargo e en particular respecto ao persoal que empregue na xestión deste concerto, sen que en ningún caso poida alegarse ningún dereito de dito persoal en relación coa Administración contratante, nin esixir a esta responsabilidades de ningunha clase, como consecuencia das obrigas establecidas entre o centro e os seus empregados.

Ao tempo que de persistir POVISA en levar adiante as medidas de extinción de emprego anunciados, se aplicasen as sancións establecidas no Capítulo X do Concerto, Estipulación Vixésimo Terceira, na que se establece que terán a consideración de incumprimentos moi graves “non dispoñer de medios materiais e humanos necesarios para a correcta prestación do servizo” ou “a desviación de persoas atendidas a outros servizos con fines de lucro”.

Galiza 4 de febreiro de 2015
Consuelo Martínez García
Deputada do Parlamento Galego

* Axuntamos texto das PNLS en Pleno e Comisión

Consuelo Martínez pide no Parlamento galego un compromiso de toda a oposición para derrotar o PP

“Concordamos moitas veces nos nosos discursos. Sabemos do estado de descomposición desta Cámara de representantes na que a oposición loitamos contra a brigada de demolicións que nos goberna.
Continúe lendo Consuelo Martínez pide no Parlamento galego un compromiso de toda a oposición para derrotar o PP

Cerna apoia a manifestación de ex-mariñeiros en Madrid o 23 de xaneiro

Cerna apoia a mobilización da Asociación Long Hope que se celebrará xoves 23 de xaneiro en Madrid

Long Hope agrupa uns 12.000 mariñeiros que traballaron en Noruega entre 1952 e 1994, dos cales o 80% son galegos, aos que se lles negan as súas pensións de xubilación Continúe lendo Cerna apoia a manifestación de ex-mariñeiros en Madrid o 23 de xaneiro

Cerna urxe a restitución dos cursos de galego da Casa de Galicia en Madrid

10951493_10204923400437569_1398539986_nEsiximos que se inicien canto antes os cursos e se contrate de xeito digno o profesorado de galego en Madrid Continúe lendo Cerna urxe a restitución dos cursos de galego da Casa de Galicia en Madrid

Chelo Martínez: “O PP busca distraer o verdadeiro debate político e tentar superar a desfeita electoral que lle ven enriba”

Ante a detención de letrados e letradas vascos que asisten para a asociación Herrira a persoas presas, despois de contrastar o tema coa Comisión de Coordinación de CERNA, considero que debo facer público o que segue:

Non deixa de ser sorprendente que un goberno do PP, que conta con moitos dos seus máximos responsábeis estatais ou autonómicos na cadea a con innumerábeis procesos por malversación de fondos públicos, contra o fisco ou por prevaricación, proceda a instar unha auténtica “redada de letrados” -por certo, onde fica o dereito constitucional á defensa?- presuntamente por fraude fiscal e seica por servir de enlace entre os seus clientes e a organización ETA.

Non podo menos que entender que un PP agobiado polo rexeitamento popular debido á súa propia corrupción e ás políticas contrarias ao benestar da maioría social está a buscar, como xa o ten feito outras veces, un “inimigo” que lle permita distraer o verdadeiro debate político e tentar superar a desfeita electoral que lle ven enriba.

É especialmente noxento que fagan esta operación a rebufo dos dramáticos acontecementos de París cunha cidadanía absolutamente conmocionada, buscando un plus emocional para incrementar os seus réditos políticos electorais.

Galiza, 13 de xaneiro de 2015

CONSUELO MARTINEZ
Deputada do Parlamento Galego

Chelo Martínez: pola transparencia no Parlamento

PROPOSICIÓN NON DE LEI SOBRE RETRIBUCIÓNS, TRIBUTACIÓN E TRANSPARENCIA NO PARLAMENTO GALEGO

Consuelo Martínez presentou hoxe no Parlamento, unha Proposición non de lei sobre retribucións, tributación e transparencia das deputadas e deputados non Parlamento Galego

A negativa do PP e a falta de apoio do PSOE no Pleno de onte á emenda presentada por Consuelo Martínez respecto das retribucións e tributacións dos membros do Parlamento Galego, non só revelan unha postura corporativa defensiva senón que tamén pon de manifesto a incomodidade dos partidos do Réxime con esta cuestión. Cambio de retribución de doada aplicación se quixeran ao deter en comandita a totalidade da Mesa do Parlamento abondaría cun simple acordo dela para estabelecer ese réxime retributivo máis xusto, transparentar o uso dos fondos públicos e mesmo reducir custos suprimindo ou modificando contías que a xuízo desta deputada son indebidas ou desproporcionadas, pero que ambos impiden dun xeito ou doutro coa súa vontade negativa.

Consuelo Martínez quere facer pública a nómina coas cantidades que percibe como deputada como unha primeira contribución á transparencia que todas as persoas servidoras públicas deben á cidadanía cando se trata de diñeiro público, é para iso que se axunta a esta nota.

Galiza 4 de decembro de 2914

*Axuntamos 2 pdf co texto da iniciativa parlamentar hoxe rexistrada e da nómina da deputada Consuelo Martínez

PNL-retribucións_tributación_transparencia

Nómina_consuelo_martinez

PP e PSOE néganse á transparencia retributiva no Parlamento

Os partidos do réxime néganse a transparentar as retribucións de deputadas e deputados no Parlamento Galego

Consuelo Martínez insistirá na proposta por outros medios até conseguir que o réxime fiscal de deputadas e deputados sexa o da xente do común  e as súas nóminas publicadas na web do Parlamento.

Continúe lendo PP e PSOE néganse á transparencia retributiva no Parlamento

Chelo Martínez: «o PP ten uha auténtica trama montada para malversar fondos públicos»

A Deputada Consuelo Martinez denuncia trama de malversación de fondos públicos en Ourense nos cursos de formación subvencionados pola Consellaría de Traballo nunha interpelación á Conselleira Beatriz Mato Continúe lendo Chelo Martínez: «o PP ten uha auténtica trama montada para malversar fondos públicos»

Chelo Martínez: «o Parlamento debe cambiar un modelo retributivo que escandaliza a cidadanía»

Compostela.- Reproducimos a iniciativa presentada onte por Chelo Martínez sobre as retribucións que perciben os parlamentarios galegos:

Continúe lendo Chelo Martínez: «o Parlamento debe cambiar un modelo retributivo que escandaliza a cidadanía»