Cerna contribuirá por medio dos seus militantes á formación de gobernos alternativos
Reunida a Comisión de Coordinación da organización nacionalista Cerna acorda facer públicas as seguintes consideracións tras o resultado das eleccións municipais do 24 de maio:
A indignación cidadá traslada á urnas e ás novas corporacións municipais de Galiza un importante retroceso do poder institucional do PP, non só nas cidades ou nas deputacións, senón tamén en moitas vilas e no rural que deixarán de ter alcalde da dereita para dar paso a gobernos de esquerda e nacionalistas.
Facemos un chamado a todas as persoas electas nesas candidaturas a favorecer sen partidismos a formación de gobernos alternativos como fará Cerna por medio dos seus militantes electos.
Constatamos que este éxito é máis rotundo canto máis abertas e plurais son as candidaturas da converxencia cidadán. Estes resultados indican tamén que o camiño para arrombar esa minoría reaccionaria que goberna en contra da maioría social está aberto e precisa ser completado con todos e todas os que estamos por devolver as institucións á cidadanía e abrir un proceso de creba democrática no plano estatal no que Galiza xogue nun plano de igualdade coas outras nacións do Estado.
Galiza 27 de maio de 2015
Comisión de Coordinación de CERNA