Etiqueta: parlamento
Consuelo Martínez insta á Xunta a que blinde o emprego e os dereitos laborais no concerto de Povisa
A DEPUTADA CONSUELO MARTINEZ PRESENTOU PROPOSICIÓN NO PARLAMENTO PARA INSTAR Á XUNTA A ESIXIR A POVISA VARIAS CUESTIÓNS NO EIDO LABORAL
A Deputada viguesa pide ao Parlamento de Galicia que insta á Xunta de Galicia a esixir a POVISA, en base ao cumprimento do Concerto que mantén co SERGAS e dos compromisos adquiridos coa sinatura do Acordo Básico pola Saúde na Área Sanitaria de Vigo, a paralización inmediata das medidas recollidas na “Memoria Explicativa” entregada ao Comité de Empresa e na que se recolle “Extinción colectiva de contratos de traballo por causas económicas”, a “Reestruturación da dotación e quendas de celadores e auxiliares de enfermería por causas organizativas: extinción de 12 contratos por modificación de quendas”, a “Extinción de tres contratos de traballo no servizo de Arquivo Clínico” e a “Extinción de sete contratos de traballo na área de Recepción do Hospital”.
Tamén pide anular a Estipulación Vixésimo Primeira do Concerto Sanitario entre POVISA é o SERGAS na que consta que POVISA queda obrigado ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes en materia de lexislación fiscal, seguridade social, laboral e de seguridade e hixiene no traballo, referidas ao propio persoal ao seu cargo e en particular respecto ao persoal que empregue na xestión deste concerto, sen que en ningún caso poida alegarse ningún dereito de dito persoal en relación coa Administración contratante, nin esixir a esta responsabilidades de ningunha clase, como consecuencia das obrigas establecidas entre o centro e os seus empregados.
Ao tempo que de persistir POVISA en levar adiante as medidas de extinción de emprego anunciados, se aplicasen as sancións establecidas no Capítulo X do Concerto, Estipulación Vixésimo Terceira, na que se establece que terán a consideración de incumprimentos moi graves “non dispoñer de medios materiais e humanos necesarios para a correcta prestación do servizo” ou “a desviación de persoas atendidas a outros servizos con fines de lucro”.
Galiza 4 de febreiro de 2015
Consuelo Martínez García
Deputada do Parlamento Galego
* Axuntamos texto das PNLS en Pleno e Comisión
Consuelo Martínez pide no Parlamento galego un compromiso de toda a oposición para derrotar o PP
“Concordamos moitas veces nos nosos discursos. Sabemos do estado de descomposición desta Cámara de representantes na que a oposición loitamos contra a brigada de demolicións que nos goberna.
Continúe lendo Consuelo Martínez pide no Parlamento galego un compromiso de toda a oposición para derrotar o PP
Chelo Martínez: pola transparencia no Parlamento
PROPOSICIÓN NON DE LEI SOBRE RETRIBUCIÓNS, TRIBUTACIÓN E TRANSPARENCIA NO PARLAMENTO GALEGO
Consuelo Martínez presentou hoxe no Parlamento, unha Proposición non de lei sobre retribucións, tributación e transparencia das deputadas e deputados non Parlamento Galego
A negativa do PP e a falta de apoio do PSOE no Pleno de onte á emenda presentada por Consuelo Martínez respecto das retribucións e tributacións dos membros do Parlamento Galego, non só revelan unha postura corporativa defensiva senón que tamén pon de manifesto a incomodidade dos partidos do Réxime con esta cuestión. Cambio de retribución de doada aplicación se quixeran ao deter en comandita a totalidade da Mesa do Parlamento abondaría cun simple acordo dela para estabelecer ese réxime retributivo máis xusto, transparentar o uso dos fondos públicos e mesmo reducir custos suprimindo ou modificando contías que a xuízo desta deputada son indebidas ou desproporcionadas, pero que ambos impiden dun xeito ou doutro coa súa vontade negativa.
Consuelo Martínez quere facer pública a nómina coas cantidades que percibe como deputada como unha primeira contribución á transparencia que todas as persoas servidoras públicas deben á cidadanía cando se trata de diñeiro público, é para iso que se axunta a esta nota.
Galiza 4 de decembro de 2914
*Axuntamos 2 pdf co texto da iniciativa parlamentar hoxe rexistrada e da nómina da deputada Consuelo Martínez
PP e PSOE néganse á transparencia retributiva no Parlamento
Os partidos do réxime néganse a transparentar as retribucións de deputadas e deputados no Parlamento Galego
Consuelo Martínez insistirá na proposta por outros medios até conseguir que o réxime fiscal de deputadas e deputados sexa o da xente do común e as súas nóminas publicadas na web do Parlamento.
Continúe lendo PP e PSOE néganse á transparencia retributiva no Parlamento
Chelo Martínez: «o PP ten uha auténtica trama montada para malversar fondos públicos»
A Deputada Consuelo Martinez denuncia trama de malversación de fondos públicos en Ourense nos cursos de formación subvencionados pola Consellaría de Traballo nunha interpelación á Conselleira Beatriz Mato Continúe lendo Chelo Martínez: «o PP ten uha auténtica trama montada para malversar fondos públicos»
Chelo Martínez: «o Parlamento debe cambiar un modelo retributivo que escandaliza a cidadanía»
Compostela.- Reproducimos a iniciativa presentada onte por Chelo Martínez sobre as retribucións que perciben os parlamentarios galegos:
Consuelo Martínez pide a devolución dos Orzamentos e ao Presidente que dimita e convoque eleccións
“Convoquen eleccións xa, señores do PP! Sr. Nuñez Feijóo, disolva esta cámara, convoque eleccións e váiase. Por moito menos, o ministro do interior portugués dimitiu hai dez días. “Voume para defender a autoridade do Estado e a credibilidade das institucións” dixo. E vostede Sr. Núñez?
Chelo Martínez reclama que a herdanza de Rosalía Mera tribute coma todas
Chelo Martínez informa da seguinte Proposición non de Lei rexistrada o 21/11/2014 relativa a Proposta de actuacións tributarias derivadas do falecemento de Dª Rosalía Mera Goyenechea e en relación co plan de inspección tributaria dos grandes patrimonios.
É de salientar que só no caso da tributación da herdanza Dª Rosalía Mera Goyenechea, cos datos contábeis do seu patrimonio coñecidos publicamente no momento do seu pasamento ( contas do ano 2011 ) podería significar centos de millóns de Euros para a facenda da Xunta de Galicia se se aplicar a doutrina xurisprudencial exposta na exposición de motivos da PNL.
Consuelo Martínez García
Continúe lendo Chelo Martínez reclama que a herdanza de Rosalía Mera tribute coma todas