PROPOSICIÓN NON DE LEI SOBRE RETRIBUCIÓNS, TRIBUTACIÓN E TRANSPARENCIA NO PARLAMENTO GALEGO
Consuelo Martínez presentou hoxe no Parlamento, unha Proposición non de lei sobre retribucións, tributación e transparencia das deputadas e deputados non Parlamento Galego
A negativa do PP e a falta de apoio do PSOE no Pleno de onte á emenda presentada por Consuelo Martínez respecto das retribucións e tributacións dos membros do Parlamento Galego, non só revelan unha postura corporativa defensiva senón que tamén pon de manifesto a incomodidade dos partidos do Réxime con esta cuestión. Cambio de retribución de doada aplicación se quixeran ao deter en comandita a totalidade da Mesa do Parlamento abondaría cun simple acordo dela para estabelecer ese réxime retributivo máis xusto, transparentar o uso dos fondos públicos e mesmo reducir custos suprimindo ou modificando contías que a xuízo desta deputada son indebidas ou desproporcionadas, pero que ambos impiden dun xeito ou doutro coa súa vontade negativa.
Consuelo Martínez quere facer pública a nómina coas cantidades que percibe como deputada como unha primeira contribución á transparencia que todas as persoas servidoras públicas deben á cidadanía cando se trata de diñeiro público, é para iso que se axunta a esta nota.
Galiza 4 de decembro de 2914
*Axuntamos 2 pdf co texto da iniciativa parlamentar hoxe rexistrada e da nómina da deputada Consuelo Martínez